viernes, 7 de septiembre de 2012

Recollida de material escolar

Como ben vos comentamos anteriormente, na nosa Quedada vamos colaborar na recollida de material escolar para os nenos da comarca ca Cruz Roja de Riveira. Este é o listado de material que nos faría falta. Si cada participante pode e quere agasallarnos con algo de esto benvido sea e que no lo entregue á mañán na recollida dos dorsales, pois alí teremos ubicada unha mesa con voluntarios da Cruz Roja. Aparte se alguén ten na casa algunha mochila escolar, vella pero en bo uso, que os nenos non a vaian usar neste curso, a nos tamén nos vale, pois hai moitos nenos que non a teñen. Moitas gracias pola vosa axuda e comprensión, seguro que entre todos vamos facer que para algúns nenos sexa algo máis doado ir á escola este ano.



No hay comentarios:

Publicar un comentario